CULTURA

Xornada musical e didáctica para este sábado en Escornabois

As prazas serán limitadas e a entrada será libre ata completar o aforamento

Responsables da Escola de Música de Trasmiras organizarán este sábado, día 20 de xaneiro, unha xornada musical e didáctica no pobo de Escornabois, que estará aberta a todas aquelas persoas que queiran participar.

Dende as 15,00 horas ata as 19,00 horas, o local social de Escornabois acollerá un taller de pandeireta da man de Patricia López. As prazas serán limitadas e poderán reservarse no teléfono 988 44 50 00. Ás 21,00 horas do mesmo sábado terá lugar no local social un concerto da agrupación Coanhadeira. A entrada será libre ata completar o aforamento. 

Te puede interesar