RECOÑECEMENTO

Xosé Carrera e Uxía Calleja gañan os premios do Bión

A primeira edición do certame cultural tiña como referencia ó Menhir da pedra alta da Limia e á 
Torre da Pena

Xosé Carrera e Uxía Calleja gañan os premios do Bión

A Asociación O Bión de Xinzo entregou os premios da primeira edición de dous concursos: un de contos e outro de fotografía. A competición de contos levaba por lema "A pedra alta da Limia", en referencia ao ancestral menhir da comarca. Este atópase situado en Cortegada e constitúe unha manifestación da cultura megalítica de Galiza que nun inicio tiña carácter funerario e posteriormente serviu de marca para delimitar os lindes das parroquias. O gañador desta categoría foi Xose A. Carrera co seu conto "Amigo de pedra". O premio outorgadoconsiste nunha "visita guiada ás areeiras e Veigas da Saínza para coñecer as aves da Limia", así como unha merenda en Xinzo.

O concurso de fotografía tritulábase "Como ves a torre?" e a súa finalidade era "mostrar as diferentes visións que os fotógrafos teñen da Torre de Pena e o seu entorno". A fotógrafa premiada foi Uxía Calleja, quen recibiu un lote de libros de autores galegos.

A asociación O Bión desenvolv e un labor de investigación sobre o patrimonio etnográfico tendo como referencia a natureza e, tanto o concurso de fotografía como o de contos, pretenden ser un referente para a difusión da cultura e patrimonio da comarca.