ENTROIDO EN CUALEDRO

Os Zarramoncalleiros e personaxes infantís protagonizaron a xornada de entroido en Cualedro

ZARRA_result
photo_camera Nas escaleiras da igrexa vella.

Cada ano son máis os veciños que se unen a esta festividade que ademais inclúe un xantar para todos os participantes

O pobo de Cualedro celebra esta fin de semana o seu particular Entroido, unha festividade que cada ano conta con máis adeptos. 

Durante a mañá do sábado os Zarramoncalleiros, protagonistas da festividade cualedresa, sairon por primeira vez polas rúas da localidade. A tradición leva a estes personaxes a visitar todas as casas do pobo e os veciños ofrécenlles licor café e doces como acompañamento.

Como iniciativa dun grupo de  veciños do lugar e dende hai unha década, cada ano se escolle unha temática para disfrazarse de xeito grupal. O motivo do Entroido esta fin de semana foron os personaxes infantís. Deste xeito, podíanse ver polas principais prazas do pobo a personaxes como Os Picapedra, Alicia no país das marabillas ou Os Simpson. Posteriormente todos os participantes na festa disfrutaron de callos, macarróns e bica de postre. 

Para o día de hoxe está previsto que os Zarramoncalleiros agarden polos feligreses á saída da misa .Os veciños volveranse a xuntar para disfrutar da comida do Entroido ainda que nesta ocasión o menú estará composto de cocido. 

Te puede interesar