Axenda 27 de xuño

A Bola exporta "electrónica rural"

A BOLA (POBO DE FONDO DE VILA). 17/01/2018. OURENSE. Retrato de Camille Hédouin, la artista conocida como Mounquip y afincada en el pueblo de Fondo de Vila, en Pardevedra en el Concello de A Bola. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Camille Hedouin, Mounqup, posa nun curruncho de A Bola.

Camille Hedouin vive na aldea de Saumede, onde compón as súas cancións sobre as inxustizas que acontencen na sociedade

"Cheguei por un proxecto de recuperación da aldea de Saumede (A Bola, Celanova), arranxamos as casas e agora mesmo facemos un pequeno festival". Así foi como se estableceu a francesa Camille Hedouin en Galicia, onde compaxina a vida no rural - "estaba desbrozando, cando me chamaches"- coa súa carreira artística baixo o alter ego Mounqup, o xeito no que sona MoonCup, o nome dunha copa menstrual, que "simboliza tamén o ecofeminismo. Comezar a usar a MoonCup era un paso importante porque todo o que empregamos na nosa hixiene é perxudicial para o medio ambiente e, a longo prazo, tamén para as mulleres", explica a artista.

O seu estilo non entende de clasificación, pois conta con temas de jazz, cancións de autor e, sobre todo, moita electrónica. De feito, ela defíne o seu repertorio como "unha mestura de moitas cousas, a min gústame chamarlle electrónica rural".  


"A situación ecolóxica é unha merda"


Mounqup estará mañá ás 20,00 horas na praza de San Martiño, con motivo das Festas de Ourense, un concerto do que "teño moitas ganas. A xente dime que son todo enerxía e sempre vou a tope, intento transmitir alegría, aínda que algunha das miñas cancións traten temas indignantes". Porque a Mounqup gústalle falar das inxustizas que acontecen na sociedade, desde o plano sociopolítico ao ecolóxico, "que agora mesmo vive unha situación de merda".

Hedouin escribe sobre o que "me indigna, non son ningunha profeta política". As súas cancións falan da necesidade de cambiar o estilo de vida ao que estamos acostumados e saír das comodidades que nos ofrece a cidade. Tamén hai referencias a Galicia, "pero non falo de pulpo ou gaitas, si de fortaleza, de estar nun lugar confortable".

Estas foron as razóns polas que decidiu quedar a vivir en Ourense, porque di que "Galicia é bonita, olvidada de todo, e hai licor café!". Despois de grabar dous discos ("Proba de Son" e "Castro Verdi") con apenas un ano de diferencia e gañar o Martin Códax, prefire tomarse un tempo e "facer algo máis complexo".

Te puede interesar