AXENDA CULTURAL

Na busca de novas sonoridades

O grupo de folk galego Coanhadeiras ofrece un concerto cheo de sons tradicionais, sen olvidar que todo debe evolucionar

Coanhadeira ofrece un concerto onde os sons tradicionais se mesturan coa súa propia aportación.
Coanhadeira ofrece un concerto onde os sons tradicionais se mesturan coa súa propia aportación.
Na busca de novas sonoridades

O que comezou como unha agrupación de gaitas foi mutando ata convertirse, no 2006, no actual grupo de folk Coanhadeira, "sempre coa música tradicional como punto de partida", explica Óscar Freire, saxofonista da formación, composta por sete artistas.

Os instrumentos tamén marcaron o devir da súa música, introducindo co tempo novos sons, como o da zanfona ou o do bouzouki. A ocasión para escoitalos será esta noite, a partir das dez e media da noite, na praza de San Martiño, no marco do Verán Cultural organizado polo Concello.

Como grupo folk, Coanhadeira da a súa propia visión da música tradicional galega, tendo presente que esta debe sempre evolucionar: "Hai que buscar novas sonoridades, que é o que facemos a través dos nosos temas. Conservar e transmitir, como se fixo ata agora".

Seguir a estela da música folk levounos a publicar tres traballos propios. "Os primeiros como galardóns de dous concursos aos que nos presentamos e gañamos", engade Freire, ao que hai que sumarlle o seu último álbum, Bicos con luvas, publicado hai tres anos. 

Como remate ao verán, o de hoxe será o seu derradeiro concerto nunha tempada, por mor dun novo proxecto que esperan vexa a luz a finais de ano."A idea é, a partir de outubro ou novembro, encerrarnos a pechar os novos temas e gravalos", explica o saxofonista.