AXENDA CULTURAL

O centenario da cátedra de Otero

PEZA DO MES
photo_camera A Fundación Otero Pedrayo presenta a nova "Peza do mes".

O "Traxe académico" de Otero Pedrayo constitúe a nova peza do mes da Fundación. Un conxunto de elementos que aportan información académica e profesional sobre o escritor

A Fundación Otero Pedrayo presenta a súa "Peza do mes" correspondente a febreiro, que nesta ocasión é o "Traxe académico" de Ramón Otero Pedrayo. "Aproveitamos que o 19 de febreiro cumpríronse os cen anos do momento no que Otero Pedrayo aprobou a súa cátedra de instituto para conmemorar este feito", explica Afonso Vázquez Monxardín, secretario da Fundación.

Nun primeiro momento, esta vestimenta era empregada polos académicos de instituto e universidade de xeito cotiá, mais na época de Otero Pedrayo quedou relegada a aqueles actos solemnes. O escritor empregou este traxe por partida dobre, xa que a súa traxectoria académica "comezou no instituto, primeiro en Burgos, logo Santander e máis tarde Ourense, para proseguir en Santiago de Compostela no ámbito universitario", sinala Monxardín.

O presidente da Fundación, José Luís Saco, será o encargado de realizar a descripción desta vestimenta, composta por catro elementos: toga, muceta, birrete e medalla. 

Mentres que o mucete e a medalla son comúns en todos os traxes, na toga e no birrete atópanse diferentes detalles sobre a formación e o ámbito de traballo do portador.  A toga refírese ao eido de estudo no que se formou o catedrático. "No caso de Otero Pedrayo, a súa toga era de cor azul, propia da área de humanidades". O birrete, pola súa parte, sinala a carreira cursada. Otero Pedrayo curso estudos de Dereito, o que se evidencia na borla vermella, e doutorouse en Letras, polo que os flecos do birrete son azuis.

Lugar: Liceo de Ourense

Hora: 13,00 horas

Te puede interesar