AGENDA

A curta galega que gusta a HBO

20180906195304044_result
photo_camera As actrices Raquel Gerrero e Arantxa Aranguren, nunha escena da curta "La Madrina".

A operadora estadounidense fichou esta peza para o seu mercado latino. Do vigués Pedro Sancho, compite hoxe no Festival RiR de Allariz

Unha xornada máis, a marca galega estará presente na programación do Festival RiR-Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz. "La Madrina", do director e guionista vigués Pedro Sancho, poderase ver hoxe, a partir das 20,00 horas, dentro do terceiro bloque de curtas da competición, despois da quenda das pezas de animación. Con guión de Juanma Pina e dirixida por Sancho, "conta a historia dunha voda, onde o noivo desaparece durante o banquete, e é a madriña, a nai da noiva, quen comeza a tomar unha serie de decisións drásticas.

Parece máis a amiga tola que a figura dunha nai que un se pode esperar nestas cerimonias". Sancho confesa que, despois de facer varias curtas cunha temática romántica, quería cambiar drasticamente e, de paso, tocar o papel da madriña nunha boda e darlle un punto de loucura: "A riqueza está en rachar estereotipos".

Con esta curta, Arantxa Aranguren fíxose co premio do xurado á Mellor Interpretación Feminia no Festival de Cans de 2017, polo seu papel de madriña. Ademais, HBO fíxose coa peza para a súa distribución en América: "Foi incríble, un orgullo enorme. Agora nótase máis interese por parte de compañeiros do audiovisual e dache prestixio profesional".

Te puede interesar