AXENDA CULTURAL

A fotografía como nexo de unión

full_moon_pat_celta_result
photo_camera Unha das imaxes que conforman a exposición de Potiños 2017.

Mostrar as diferentes formas de contemplar a realidade mediante dúas series de fotos, "Potiños 2017" e "María", ambas ligadas a Carballiño

A sala de exposicións de Verín acolle no seu interior unha doble mostra fotográfica, "Potiños 2017" e "María". O elemento de unión entre ambos traballos é o fotógrafo Manolo (Blanco) Celta, quen ademais de presidir a asociación fotográfica de O Potiños de Carballiño, é o coautor xunto con Pat Celta de "María". "Son traballos totalmente diferentes, sen ningún elemento en común, pero que constitúen unha única unidade visual", explica o artista. 


"Potiños 2017" é o resumo fotográfico da asociación que, tras crearse no ano 1985 e sufrir varios anos de parón, retomou a súa actividade creativa


"Cada integrante de Potiños elixe con total liberdade a que considera a súa mellor imaxe do pasado ano". Un proceso que nos leva a unha colección diversa en canto a temática, na que "conviven escenas de Carballiño con outras de Saraxevo", sinala o artista, pero que reflexa a producción artística da asociación.

Pola súa parte, "María" céntrase en buscar a beleza no abandono de casas e pazos, cunha muller como protagonista de toda a serie. Un traballo realizado polo propio Manolo Celta e a súa filla, Patricia Celta. 

Lugar: sala de exposiciones de Verín

Hora: 17,00 - 21,00 (L-V) 10,00 A 14,00 Y 17,00 A 20,30 (sábados)

Te puede interesar