AXENDA CULTURAL

A maxia agochada detrás da careta

mascara
photo_camera Unha das imaxes que conforman a colección "Viaxe polo mundo da máscara".

O Museo Etnográfico da Limia acolle unha serie fotográfica que xira arredor da máscara, viaxando polos diferentes entroidos de Galicia e Portugal

"A miña vida é o mundo das máscaras, un entorno máxico e paralelo". Así de concisa se mostra Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), a autora da colección fotográfica "Viaxe polo mundo da máscara",  que se exhibe no Museo da Limia ata o vindeiro 25 de novembro.

A paixón da artista lucense polas caretas remóntase á súa infancia: "Na casa dos meus bisavós había varias máscaras e recordo que sempre foi algo que chamaba a miña atención". Mercedes Vázquez decidiu levar máis aló a súa afección, constituíndo unha colección de máis de 160 imaxes protagonizadas polas caretas. "A mostra recolle máscaras típicas tanto de Galicia como de Portugal, cuxa orixe nos remonta a antigos rituais pagáns".

Unhas instantáneas que naceron como traballo de campo e que nun primeiro momento non foron concebidas para exhibirse: "Reflicte con tanta exactitude a realidade dos nosos entroidos e de outras festividades nas que as máscaras son o elemento protagonista". Vázquez, que leva fotografiando entroidos dende os anos 90, expuxo por primeira vez este 2018 o percorrido das súas máscaras en Bandeira (Pontevedra), cunha colección de 120 fotografías.

"Dende entonces a serie foise incrementando ata as 162 imaxes actuais porque sempre descubro algunha carauta nova e, cada unha, diferente da anterior", indica a artista lucense. Durante tantos anos de traballo, Vázquez tivo a oportunidade de participar no proceso de elaboración da máscara, observando de preto o traballo de artesáns tan importantes como os de Laza ou de Lamego. Neste sentido, afirma a fotógrafa que "A Limia é unha comarca donde a máscara goza dunha alta importancia, polo que para min é todo un privilexio poder expor a miña obra aquí", sinala Vázquez.

O peculiar viaxe das máscaras de Mercedes Vázquez non remata, pois o próximo 2019 continuará percorrendo as vilas galegas e portuguesas. Ademais,n

Lugar: Museo Etnográfico da Limia

Hora: 16,00 A 18,30 horas (S-D)

Te puede interesar