agenda 5 de mayo

A música dunha xeración en crise

esposa
photo_camera Cibrán Tenreiro, Xacobe González, Mar Catarina e María Villamarín son Esposa.

Os galegos Esposa presentan hoxe en Ourense seu primeiro traballo, a partir das 12,00 horas nos xardíns do Padre Feijóo

"Saímos da facultade entre o 2011 e 2013, en plena crise, cunhas espectativas limitadas, e aínda estamos vivindo un contexto precario que, queiramos ou non, condiciónanos", reflexiona Mar Catarina, unha das catro caras de Esposa, un grupo galego a medio camiño entre o brit-pop e o garage minimalista.

Cibrán Tenreiro, María Villamarín e Xacobe González completan este cuarteto que no 2017 presentaba o seu primeiro álbum, "Xardín interior", apenas un ano despois de autoproducir o EP "Señor de". Hoxe estarán na sesión vermú da ICC Music, tocando as cancións do seu traballo debut, pero tamén "temos cancións novas e algunhas soarán no concerto de Ourense", desvela Catarina.

A partir das 12,00 horas, nos xardíns do Padre Feijóo, actuará este grupo, xunto con Rufus T. Firefly, Silvia Superstar e Bifannah, "a quenes non vemos desde fai moito tempo e xa os botamos de menos", conta a membro de Esposa. 

Esta banda, asentada case ao completo en Santiago, Xacobe González é de Ourense, escribe as súas letras en galego. Menos "Vaciada", unha versión da orixinal de Fantasmage, "que representan un momento concreto da música en Galicia, e somos fans deles", explica Catarina. O resto, todo en galego, algo que non pensaron porque "é a lingua coa que medramos e coa que falamos entre nós".

"Xardín interior" non conta unha historia xeracional, "pero si que nos representa a nós, as nosas inquedanzas, preocupacións e medos, pero tamén as cousas boas, o que nos inspira a seguir adiante", explica a músico de Esposa.

Os doce temas de "Xardín interior" son un percorrido de reflexións do compositor Cibrán Tenreiro. "Aquí' é un dos temas máis persoais que escribiu, onde reflexiona sobre Santiago e as moitas realidades que converxen", conta Catarina. "Quero ser útil para alguén a parte de min mesmo" é unha das declaracións deste tema que, explica Esposa, non buscar ser pretenciosa, "senón provocar unha reacción na xente que nos escoita".

Te puede interesar