AXENDA CULTURAL

Música sacra polo San Martiño

A coral Capela Madrigalista de Ourense, durante unha das súas actuacións.
photo_camera A coral Capela Madrigalista de Ourense, durante unha das súas actuacións.

Na véspera do patrón de Ourense, a Capela Madrigalista protagoniza na Catedral un concerto que viaxa dende o canto gregoriano ao século XX

A coral Capela Madrigalista ofrece esta tarde na Catedral un concerto para conmemorar a festividade de San Martiño, patrón de Ourense. Un recital no que se representarán pezas de música sacra de todos os tempos. "Trátase dun programa moi heteroxéneo, no que interpretaremos dende música gregoriana do século XI e XII, a temas do Renacemento de Giovanni Palestrina. Todo isto fusionado cunha visión máis contemporánea con autores como Lauritz", sinala o presidente do coro, Enrique Fernández.

Dende que se constituira no ano 1989 como un coro de cámara, a coral Madrigalista foi crecendo ata chegar ás 24 voces que a integran actualmente. "Nesta ocasión tamén contamos coa presencia de antigos solistas e colaboradores do coro debido ao especial da ocasión, xa que é un orgullo actuar na Catedral", explica Fernández.

Contando cun amplo repertorio, a Capela Madrigalista destaca pola súa labor de rescatar aos compositores galegos e, en especial, ourensáns, como foi o caso das obras de Ángel Barja, adaptadas polo director da coral, Julio Domínguez. "El foi o encargado de levar a cabo un proxecto centrado na recuperación da música do arquivo da Catedral, como foron as adaptacións das composicións do Mestre Quiroga", indica Fernández. 

"Se hai unha máxima presenta ao longo da nosa historia coma coral é a de traballar para dignificar a música coral, interpretando as mellores melodías posibles, sempre con rigor e dende o respecto", conclúe.

Lugar: Catedral de Ourense

Hora: 20,45

Te puede interesar