AGENDA 16 DE MAIO

Ninguén se resiste á Mekánika

jghjhghfhjfgh
photo_camera Imaxe do primeiro videoclip da charanga Mekánika, grabado en Santiago.

A Mekánika será unha das encargadas de amenizar esta noite as festas do Couto, xunto coa orquestra Funçao Públika 

A charanga Mekánika do  2018 pouco se parece á orixinal, fundada 15 anos atrás, nin ao resto de charangas do panorama festeiro. Os sons metálicos da guitarra eléctrica e do baixo fusiónanse coas tradicionais notas do vento, clásicos das charangas. E que pouco teñen este grupo de mozos de típicos.

Só basta ver a súa posta en escena, cun batería que viaxa, mentres actúan, sobre un carro do que saen luces, confeti e chorros de lume que cuspe o lanzachamas. "Estamos contentos co que temos, o próximo xa sería comprar un bus descapotable e ir tocando nel", imaxina Aitor García, teclista da Mekánika e o encargado, micro en man, de animar aos presentes en cada festa sexa única, como será a desta noite ás 22,00 horas na praza da Chave, que seguirá a partir da 01,30 horas na rúa Greco, con motivo das festas do Couto.

uploaded_hstyhdty


Dentro da Mekánika


Nolo, Pepe, Jose, Aitor, Dani, Adrián, Martín e Raúl son os mozos que na actualidade se encargan de levar a marca Mekánika polas festas deste país, e de Europa, facendo sonar temas que van desde as clásicas melodías "charangueiras " da cumbia e merengue, a "remembers, rock clásico, ska ou reggae", conta García.

"Fai catro anos fixemos unha xira por Europa que nos axudou moito para promocionarnos", explica García. O seguinte paso: compoñer temas propios. "Nuns días lanzaremos o noso primeiro videoclip, tras o que virá unha nova etapa de temas propios da Mekánika".

Te puede interesar