Axenda Cultural

Ourense, berce da fotografía galega

VILANOVA DOS INFANTES (PRAZA MAIOR). 17/05/2018. OURENSE. Entrega de premio Adolfo Enríquez al Museo Etnológico de Ribadavia. Asisten la senadora, Carmen Leyte, Nava Castro, Ana Belén Vázquez, el alcalde de Celanova, José Luís Ferro, la delegada territorial de la Xunta, Marisol Díaz Mouteira y el representante del Museo Etnológico de Ribadavia que recoge el premio, Cesar Llana. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera "A etnografía e a fotografía" na súa inauguración en Vilanova dos Infantes.

Raigame reúne imaxes que mostran a realidade humana desde finais do século XIX ata o 1960 captada por diferentes fotógrafos ilustres

"Estas imaxes mostran realidades xa perdidas porque a forma de vivir no rural foi desaparecendo", explica Xavier Álvarez, da agrupación que cada ano se encarga da Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes. En cada edición esta celebación céntrase nun tema, e no 2018 estivo adicada á fotografía ambulante, dando lugar a exposición "A etnografía e os fotógrafos", onde se pode ver a realidade humana de diferentes localidades da provincia de Ourense desde finais do XIX ata mediados do XX.

A colección de imaxes estará dispoñible para o público ata o 31 de agosto no Museo Etnolóxico de Ribadavia. 

Despois dunha exhaustiva busca de documentos, os responsables de Raigame elaboraron 23 fichas-"poderían ser máis, pero o espazo é limitado"-, compostas por unha fotografía, unha explicación da mesma e pinceladas do traballo de cada un dos fotógrafos. "Conséguese así unha visión bastante ampla, de practicamente toda a provincia, do que era a fotografía neses anos. Temos imaxes de Verín, O Carballiño, Celanova, Xinzo ou Ourense, entre outras moitas", di Álvarez.

Tamén se logra así recoller o traballo dos fotógrafos máis importantes da provincia. "A idea foi facer unha mostra completa, recorrer a historia do inicio da fotografía desde Pacheco, un dos primeiros profesionais en Ourense, alá por finais do século XIX, ata os anos 60, con Suárez ou Casado".

Estes profesionais chegaron á fotografía por diferentes razóns: "Hai quenes a empregaban como documentación para os seus estudos e traballos de investigación antropolóxica.

Para outros, era unha forma de subsistir", di Álvarez. Co traballo de todos eles, a agrupación Raigame recadou "fotos moi impresionantes e bonitas, pero o que máis me sorprendeu foi que todo indica que Ourense foi o berce da fotografía dentro de Galicia. O primeiro en instalarse na provincia foi un italiano, ala polo 1860, pero máis tarde Pacheco, referente da fotografía galega, tamén instalou o seu taller na cidade antes de coller renome". 

Te puede interesar