AXENDA CULTURAL

A poesía e a música máis íntima

Manoele de Felisa, durante una actuación.
photo_camera Manoele de Felisa, durante una actuación. (MIGUEL ÁNGEL)

A Arca da Noe acolle este venres o espectáculo "Homenaxe aos poetas", no que o cantautorManoele de Felisa repasará os temas dos seus vinte anos de carreira

A poesía e a música chegan unidas este venres á Arca da Noe da mán de Manoele de Felisa. O cantautor de Cuntis fará sonar en Vilar de Santos boa parte dos temas de toda a súa carreira. 

En Vilar de Santos, Manoele sumará unha nova actuación á súa xira de vinte aniversario. Un espectáculo que se chama "Homenaxe aos poetas", no que repasará aqueles temas que publicou dende os seus inicios, tanto de poemas musicalizados como compostos por el mesmo.

O seu primeiro disco publicouse no ano 1999, e nel puxo música ás poesías do autor Roberto Blanco Torres, tamén veciño de Cuntis. 

Tras Blanco Torres, De Felisa musicalizou poemas de outros autores como "María Mariño, Rosalía de Castro, Rosalía Morlán, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Neira Vilas". Sinala que a actuación será un percorrido "por todos esos discos facendo homenaxe a moitos poetas" galegos. 

A poesía galega e a cultura galega son elementos imprescindibles da carreira dun artista que comezou a mesturar ambas artes dende que era adolescente. 

Para Manoele será un concerto de "corte máis íntimo e para escoitar os textos". Explica que seguramente os asistentes "coñezan algúns dos poemas", aínda que tamén interpretará temas propios. 

Tamén haberá espazo para obras poéticas que pasan máis desapercibidas. Obras que según o cantautor "ó poñerlle música trascende un doutro xeito".

Lugar: Arca de Noe. Rúa do Forno, 13, Vilar de Santos

Data e hora: 22 de febreiro, ás 18,30 horas

Te puede interesar