AGENDA CULTURAL

Sócrates contra o machismo

Agenda cultural
photo_camera Representación de "Sofía e as postsocráticas".

"Sofía e as postsocráticas", de Inversa Teatro, chega a Barbadás para reflexionar sobre o "problema social" da violencia e o lenguaxe machista de "casos e cousas concretas"

Que é máis ou ou menos machista? Unha reflexión que levará aos espectadores a obra "Sofía e as postsocráticas", que hoxe se representa en Barbadás. 
Sócrates, Platón e Aristóteles, representados por Marta Pérez, María Roja e Silvia Penas, mostrarán o mundo, a forma de dicir e pensar "xa violenta" que se impuxo dende o inicio. A medida que avanza a peza, vése como estas tres personaxes "vánse desmontando e convírtense nas postsocráticas. O que intentan é construír un novo logos, "que non sexa violento e un novo logos na búsqueda da igualdade", sinala a directora, Marta Pérez. 

"Nós dicimos que, dende o inicio, había unha dominación. As mulleres sempre eramos en relación o que eles dicían, o que a filosofía impuxo", explica Pérez, que desgrana que na obra lévase a cabo unha "búsqueda por nós mesmas e dun novo ser como mulleres que son totalmente iguais cos homes". 

A súa directora afirma que é unha obra "que non vai a casos ou cousas concretas". Sinala que cando se fala da violencia machista estámos acostumados a ver a punta o iceberg (asesinatos, mulleres sufrindo) pero o que "nos interesa son as condicións para que eso se dé." 

Coa obra tratan de sacar á luz as "cousas máis miúdas" do machismo" para que "se tome conciencia de que é un problema social". Unha peza cun "contido e unha reflexión potente sobre o maltrato"e na que van disfrutar de "esceas moi impactantes". Os espectadores tamén verán "manipulación de máscaras moi orixinal e momentos sonoros e de poesía bastante fermosos".n

Lugar: Casa da Cultura Manuel María, Barbadás
Fecha y hora: Esta tarde, ás 20,00 horas

Te puede interesar