AXENDA CULTURAL

Unha morte surrealista

ANTONIO MORRIS
photo_camera Antonio "Morris" protagoniza a comedia "A leituga".

Morris protagoniza 
"A leituga", unha traxicomedia dirixida por Victor Duplá que evidencia os egoísmos humanos que aparecen ante a proximidade da morte

Antonio Durán Morris visita o Teatro Principal o vindeiro sábado para interpretar "A leituga", unha comedia que profundiza nos conflictos familiares  que xorden ante a proximidade da morte. Federico Pérez, Jose Barato, Mercedes Castro e María Vázquez completan o reparto da obra que dirixe Victor Duplá.

"A leituga" constitúe un exercicio teatral que Morris define como "unha comedia cruel, que alterna entre o humor e o drama, creando un resultado final moi surrealista". 

Cinco irmáns, "pechados nun búnker", reúnense para celebrar o décimo aniversario da persoa que lles quita a vida: o seu pai, de quen ninguén quere facerse cargo. "É unha obra na que os egoísmos personais, a falta de responsabilidade da sociedade e os conflitos pasados saen a relucir", indica Morris.  

"A leituga" mostra unha realidade presente en todas as sociedades, a difícil situación de manter con vida a unha persoa en estado vexetativo ou decidir a súa morte. "Pode parecer surrealista, pero é un feito cotián. Nalgún momento da nosa vida todos pasamos por unha situación similar e é nesas situacións extremas nas que se ve a natureza de cada individuo". Un espectáculo real e con poucos artificios co que tomar conciencia da vida e da morte a través da desesperación e da liberación, como se "unha orquesta de circo interpretara unha marcha fúnebre". Unha obra na que caben todas as contradiccións do ser humano, narradas con moito humor.n

Lugar: Teatro Principal de Ourense

Data e Hora: sábado, 16 de febrero, ás 20,00 horas

Te puede interesar