Axenda Cultural

Verán entre retratos e caricaturas

20180820181525518_result
photo_camera Os participantes de xullo elaboran as súas propias obras, coa axuda de Ojea.

Rapaces de entre 12 e 18 anos participarán desde hoxe na segunda edición do taller de ilustración impartido por Katharina Ojea

Katharina Ojea, celanovesa de 23 anos, decidiu poñer en común os seus coñecementos artísticos cos rapaces da súa vila. Graduada en Belas Artes e con formación en ilustración dixital, tomou a iniciativa de ofrecer un taller de verán, que se desenvolveu xa o pasado xullo "con éxito de afluencia". Do 21 ao 23 e do 28 ao 30 de agosto impartirá a segunda edición do taller de ilustración na Fundación Curros Enríquez, para que "os rapaces que quedaron fóra na primeira convocatoria poidan participar", explica Ojea.

A iniciativa xurdiu no mes de maio, cando propuxo este obradoiro, que tivo moi boa acollida por parte do Concello.


 "A idea gustoulle moito a todos. Quixen facer este taller de ilustración para ofrecer unha actividade de lecer para os mozos de entre 12 e 18 anos, xa que son os que menos opcións teñen".


Os asistentes probar diferentes técnicas pictóricas, como acuarelas, "carboncillo" ou pinturas de cores. "Levei unha gran sorpresa cando vin que o que máis lles gustaba aos rapaces do curso de xullo foi o 'carboncillo', cos que fixemos retratos rápidos, de uns cinco minutos, onde interpretaban diferentes poses". Outro dos puntos importantes deste taller son as "caricaturas de poetas e tamén de mulleres importantes da nosa historia, como Maruja Mayo ou Rosalía de Castro".

Ojea tamén aproveita para explicar aos rapaces  as posibles saídas profesionais que existen para aqueles que desexen adicarse ao mundo da ilustración. "Explícolles todo o que non coñecen. A xente pensa que se fas Belas Artes é para traballar nun museo, pero hai demanda na animación e, especialmente, na publicidade, como deseñadores gráficos". 

Te puede interesar