Axenda Cultural

Verbena para milenials

20180830213622575_result
photo_camera Esteban, á esquerda, e Manuel, á dereita, durante un dos seus concertos.

Coas súas cumbias, os galegos Esteban&Manuel, un dos grupos do momento, fan bailar ao público de Madrid, Santiago e, mañá, Ribadavia

"Somos dous rapaces de Santiago con 1.000 seguidores en Facebook. Ser un 'hype' depende moito de cada un, para min poden ser Carolina Durante ou Novedades Carminha", di Chicho, tamén coñecido como Manuel, do grupo compostelán Esteban&Manuel. Eles compoñen o son do momento, que se escoita tanto nas sesións vermú como nos concertos de última hora. Forman parte do cartel do Arteficial que se celebra mañá en Ribadavia. A súa quenda será ás 00,00 horas.

Como chegaron estes dous rapaces á facer cumbia non foi nada premeditado. "Era algo que nos molaba, vimos que non había nadie facendo isto e que, ademais, non é difícil", recorda Chicho. Os seus temas transportan ás verbenas galegas de toda a vida, cun ingrediente adicional , o 'autotune', un elemento sonoro que adoptaron "un pouco por azar. Useino noutra banda, probamos aquí e quedou unha mestura simpática. Tamén o empregamos porque ningún dos dous somos cantantes fantásticos, e co 'autotune', si".


Xira por España


Coa súas camisas orquesteiras, ao son das cancións do seu primeiro disco, "La banda sonora de tu día a día",  traspasaron as fronteiras galegas, chegando a Barcelona, Madrid, Donosti  ou Huelva, que visitarán o vindeiro mes. Asegura Chicho que os seus temas e a cumbia que eles fan non foron suficiente para chegar aos escenarios de toda España, senón que "a cumbia está ben, pero sin o factor extramusical, non fas nada.

Por sorte ou por desgraza, o 80% do traballo para facerte coñecido é andar espabilado e promocionarte, e o outro 20% é a variable musical, pero se tes cancións boas e a xente non as oe, non vale nada". Non se pode descoidar ningunha das dúas facetas dun grupo, por iso sacarán un novo traballo "a finais de ano ou principios do que vén". Este EP recollerá algúns dos temas que xa están adiantando nos seus concertos, e será "na mesma liña que ata agora, pero con algúns cambios a nivel técnico". 

Te puede interesar