Axenda Cultural

A xogar no Botánico de Montealegre

Ourense. 02-04-17. Deportes. Andaina solidaria no Parque Botánico de montealegre.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os nenos guían á súa nai como bos lazarillos na xincana do pasado ano.

Mañá ás 10,30 horas pais e fillos comezarán as probas da xincana que +Deporte La Región e Xeitura teñen preparadas no Botánico

"Sempre houbo actividades para pais e para nenos en Ourense, pero por separado", explica Begoña Garrido, de Xeitura. Esta inquedanza deu lugar á Andaina Familiar Solidaria, que organiza +Deporte La Región con esta entidade ourensá. Coa colaboración do Banco de alimentos, mañá celebran a segunda edición desta xornada, que inclúe unha xincana e unha ruta de 7 kilómetros, apta para todas as idades, sempre que os nenos vaian acompañados de un adulto.

Desde ás 10,30 da mañá, as familias deberán enfrontarse primeiro á xincana, "todos xuntos, porque o obxectivo é a integración do núcleo familiar, que tende a estar disperso por obligacións como o traballo", recorda Garrido. A "tea de araña" ou a "chimpacarneira" son algunhas das actividades programadas, aínda que haberá sorpresas.

Tamén se repetirán actividades que tiveron "moito éxito, como a 'pitacega', onde os nenos fan de lazarillos para os seus pais, que levan os ollos cubertos", explica Garrido. Tras a xincana, unha ruta para coñecer a flora do parque, onde nenos e familias deberán traballar de novo de forma conxunta. Os asistentes tamén poderán colaborar con colectivos de infancia a través da doazón de alimentos, preferiblemente non perecedoiros, como potitos ou leite en polvo. 

Te puede interesar