CELEBRACIÓN

Allariz celebrará a Festa dos Maios o día 28 de abril

Para participar nestes concursos é necesario inscribirse na Casa da Cultura antes do 26 de abril

O próximo día 28 de abril, Allariz celebrará a tradicional Festa dos Maior, na que participarán os alumnos e alumnas do colexio de Primaria e o Instituto alaricano, que presentarán as súas creacións naturais e cantarán as súas coplas. Con este obxectivo, a Concellería de Cultura promove sendos concursos, tanto para as creacions naturais como para as coplas, con premios que oscilan entre os 30 e os 50 euros.

Para participar nestes concursos é necesario inscribirse na Casa da Cultura antes do 26 de abril e o veredicto do xurado emitirase día 28, no transcurso da Festa dos Maios que se desenvolverá no Campo da Barreira. Este acto estará amenizado polo Grupo de Gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia e coa actuación da Escola de Danza de Allariz.

No concurso dos maios haberá dúas categorías, "enxebres" e "artísticos", con tres premios de 30, 35 e 50 euros para cada unha. Os maios estarán construídos cos materiais que dita a tradición: madeira, arpilleira ou tea de saco, cravos, arame, brión, bugallos, xestas ou flores. O concurso de coplas  terá, así mesmo, dúas categorías: para nenos de 3 a 11 anos, e de 12 anos en adiante. Tamén haberá tres premios para cada categoría: de 30, 35 e 50 euros.

Te puede interesar