CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Allariz, un desfile de musgo e cor

1op1214_result
photo_camera Varios escolares bailan en Allariz.

Os alumnos do colexio Padre Feijóo e do instituto de Allariz mostraron os seus maios e cantaron as coplas nunha festa no Campo da Barreira. As gaitas e o baile tradicional amenizaron a xornada de benvida á primavera. 

Ilusión. Esta foi a principal materia prima empregada polos alumnos de Allariz para dar forma aos seus particulares maios. O concello alaricano celebrou onte a tradicional festa que dá a benvida á primavera coa participación dos alumnos do CEIP Padre Feijóo e do instituto de Allariz.

No Campo da Barreira luciron figuras ornamentais de todos os materiais e de todas as cores. A falta de musgo, xestas en flor ou flores silvestres, boas foron as cartulinas e o papel de cor para adornar o maio dos máis cativos do colexio Padre Feijóo. Un cruceiro, un carro e outra pirámide completaron os maios que presentaron os alumnos deste centro educativo. 

A celebración contou co acompañamento musical do grupo de gaitas do Centro SocioComunitario de Xinto de Limia e coa actuación da Escola de Danza de Allariz.

O luns, en O Barco e Verín

A festa continuará o luns en O Barco de Valdeorras e en Verín, onde, ademáis da exhibición dos maios tradicionais e artísticos, tamén se celebrará a segunda edición da Feira Solidaria. Na Alameda haberá racións de polbo e viño. 

Te puede interesar