obras

Allariz mellora o firme da estrada de Xunqueira

22.06.17.ALLLARIZ.ESTRADA DE XUNQUEIRA.OBRAS DE PAVIMENTACION.
photo_camera Aspecto que presenta a estrada de Xunqueira logo do traballo de onte. (M.ATRIO)

A obra, financiada pola Deputación, forma parte do proxecto 'Camiños escolares', do Concello

O tramo urbano da estrada de Xunqueira, en Allariz, un dos principais accesos á vila, atópase desde onte en obras e cortado ao tráfico rodado. Estase a acometer unha ampla mellora do firme, a través dun proxecto financiado pola Deputación provincial e demandado polo Concello, dentro do seu proxecto 'Camiños escolares'.

As obras comezaron onte pola mañá e abarcan desde a altura do colexio Salesianos ata a primeira rotonda existente nesa vía de salida da vila. A maquinaria procedeu a fresar o firme antigo e  está previsto que os traballos rematen na tarde de hoxe, logo de botar unha nova capa de rodadura nese tramo da rúa.

Segundo sinala o alcalde de Allariz, Francisco García, a obra ten un presuposto de 60.000 euros e permitirá acondicionar ese tramo urbano da estrada, que despois será cedido ao concello, que se fará cargo do seu mantemento. Esto permitirá poñer en marcha o proxecto 'Camiños escolares', que ten como obxectivo posibilitar que os rapaces do colexio Padre Feijóo poidan chegar a pé ao centro. Entre outras actuacións, nese tramo de estrada faranse cinco pasos de peóns elevados, fronte aos dós que hai na actualidade.

Te puede interesar