FEIRA

Allariz prepara para setembro outra edición da Feira “Arte a Man"

Este certame ten como finalidade a promoción, exhibición e venda da artesanía local, así como as creacións doutros artesáns galego

O Concello de Allariz, xunto coa Asociación de Artesáns da vila, prepara a Feira de Artesanía "Arte a man", que se celebrará o domingó día 10 de setembro. Este certame ten como finalidade a promoción, exhibición e venda da artesanía local, así como as creacións doutros artesáns galegos.

A Feira desenvolverase no Casco Histórico, Praza Maior e Praza de Abaixo e o Concello deu a coñecer os requisitos para participar na mesma. Poderán solicitar a súa participación aqueles obradoiros artesáns cuxa producción sexa artesanal e de elaboración propia. Será un requisito fundamental que cada artesán faga demostración en vivo do seu traballo ao longo da xornada. Outros requisitos que deberán aportar os aspirantes son cumprimentar o formulario de inscrición, un dosier fotográfico do material a espoñer e copia da carta de artesán, que non será imprescindible sempre que demostre con detalle o proceso artesanal do produto.

O prazo para presentar a solicitude de participación rematarará o vindeiro día 11 de agosto. A área de Promoción Económica do Concello, xunto con artesáns de Allariz, serán os encargado de analizar as solicitudes e decidir cales serános que participen no certame . O propio Concb  ello se encargará, de xeito gratuíto, de aportar un stand de madeira para cada un dos participantes neste evento.

Te puede interesar