SEGURIDAD VIAL

Allariz reclama mellores sinais na autoestrada A-52

24.02.17.ALLARIZ.SEÑALIZACION NA A-52 ACIA ALLARIZ.INTENCION DO CONCELLO PARA QUE INCLUA ALGUN DISTINTIVO MONUMENTAL.
photo_camera Un dos paneis actuais da autoestrada A-52 que indican un dos desvíos hacia Allariz.

Quere que se informe aos viaxeios que a vila é conxunto histórico-artístico

A corporación municipal de Allariz aprobou onte por unanimidade unha moción plantexada polo grupo de goberno instando a mellorar a sinalización da vila na autoestrada A-52. Indica a moción que Allariz é unha vila turística de grande afluencia de visitantes ao longo do ano. Por esta circunstancia, o alcalde, Francisco García, reclama "unha sinalización como a que existe en moitos outros lugares e coa que se comunique aos visitantes que Allariz é un conxunto histórico-artístico.

Así mesmo, no transcurso da sesión ordinaria que celebrou o pleno, tamén se aprobaron dúas mocións presentadas polo grupo socialista. Na primeira a corporación apoia a petición de que se constrúa un centro público de atención ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos na provincia de Ourense. 

Na segunda moción, a portavoz do grupo socialista, Zaida Rodríguez, reclamaba a aprobación dunha ordenanza municipal  de transparencia e acceso á información. Co fin de "mellorar a vida democrática do municipio", Zaida Rodríguez reclama que se afonde nas medidas encamiñadas a render contas ante a cidadanía, especialmente facilitando información a través da páxina web sobre os orzamentos, salarios dos seus cargos, contratos asinados e subvencións concedidas, entre outros datos. 

A moción foi aprobada tamén por unanimidade, sinalando o alcalde, Francisco García, que "xa se está traballando na actualizació da páxina web municipal, asi como a posta en marcha da administración electrónica".

Na orde do día do pleno figuraba tamén o dar conta da renovación de dúas pólizas de crédito, asinadas por importe de 750.000 euros. A súa contía foi reducida en 150.000 euros e o obxectivo do goberno municipal pasa pola minotacion doutros 150.000 a finais de 2017, reducíndose conxuntamente ata os 600.000 euros. Segundo se puxo de manifesto, os préstemos a longo prazo serán amortizados ao longo deste ano, quedando reducidos ata os preto de 600.000 euros, "o que significa que a débeda a longo prazo, a finais de 2017, será de tres millóns de euros.

Te puede interesar