iniciativas

Allariz retoma as actividades do proxecto ‘Mulleres compartindo'

Ana Pérez Cardoso, técnica de Igualdade no Concello, sinala que leva 13 años traballando nestes programas de dinamización rural, dirixidos fundamentalmente ás mulleres

A área de Igualdade do Concello de Allariz retomou as actividades que ven organizando nas asociación veciñais dentro do proxecto "Mulleres compartindo". Así, durante os luns e martes de xaneiro e febreiro, entre as 16,00 e 18,00 horas, desenvolverá estas actividades nos locais das asociación veciñais do Mato e Outeirode Orraca.

Ana Pérez Cardoso, técnica de Igualdade no Concello, sinala que leva 13 años traballando nestes programas de dinamización rural, dirixidos fundamentalmente ás mulleres, aínda que nalgún caso tamén participan homes e "o seu obxectivo é mellorar a calidade de vida, cuestionar as identidades, de xeito que vivamos máis felices e consigamos dotar de autonomía e liderado aos homes e mulleres que habitan no rural".

Segundo Ana Pérez, nestes programas están a participar 95 mulleres que viven no rural alaricano, e no seu desenvolvemento se siguen as inquietudes das propias mulleres, que adoitan a ser persoas maiores, en moitos casos viuvas e que viven soas. "Somos nós os que aprendemos a través delas a traballar dun xeito máis natural", afirma Pérez.

O proxecto 'Mulleres compartindo" abrangue dous aspectos complementarios. Por un lado, as manualidades, coas que as mulleres plasman a súa creatividade; e por outro, o autocoidado, a estimulación cognitiva, a igualdade e o empoderamento, para que as participantes consigan unha mellor calidade de vida e autonomía na comunidade na que viven, "sempre seguindo o criterio de que sexan elas as que elixan o traballo e os temas a tratar e que se sintan cómodas e protagonistas", conclúe Ana Pérez.

Te puede interesar