CULTURA

A Banda Unión Musical estreará o domingo a obra “Xan de Arzúa"

"Xan de Arzúa" foi creada polo compositor alicantino Óscar Sempere francés, que dirixirá 
a estrea en allariz

A Praza Maior de Allariz acollerá na mañá do próximo domingo, ao rematar a procesión do Corpus, a estrea da obra musical "Xan de Arzúa", unha fantasía musical para banda sinfónica realizada polo compositor Óscar Sempere Francés dedicada ao pobo de Allariz no ano de conmemoración do 700 aniversario da Festa do Boi.

A composición, que será interpretada pola Banda Unión Musical de Allariz, está inspirada, segundo sinala o seu autor, en música do século XIV, cunha introducción que traslada á vida de Allariz do ano 1317, con ritmos e coros que dan vida aos gremios da época. Logo entra nun  ritmo máis pausado e relixioso, coa festividade do Corpus Christi e a procesión na que se produce o boicot da comunidade xudea. Unha frenética orquestación representará a Xan de Arzúa montado a lombos dun boi para escarmentar aos xudeos. Ao final da obra o autor representa a choiva de formigas e cornadas aos xudeos e un canto de satisfacción por parte dos veciños ao acabar co boicot.

Óscar Sempere, que estará en Allariz para dirixir a estrea da obra, naceu en Banyeres de Mariola (Alicante) en 1977. Comezou a súa formación musical de moi novo, na Sociedad Musical de Bañyers, trasladándose después al Conservatorio de Ontenyent, aínda que gran parte da súa formación musical é autodidáctica. Iniciouse no mundo da composición de moi mozo e na actualidade ten máis de cincoenta obras, coas que conseguíu numerosos recoñecementos e premios.

Te puede interesar