FESTA DO BOI

O Boi encheo as rúas da vila pese á intensa calor

<p></p>

As dúas carreiras do día tiveron moita participación e non houbo incidentes

As dúas carreiras programadas para onte na Festa do Boi de Allariz transcurriron sen incidente algún, pese á grande cantidade de persoas que se desplazaron ata a vila para disfrutar desta tradición. A vila vestíase de festa ó mediodía, coa celebración dunha carreira infantil do Boi, que permitíu disfrutar aos máis cativos. A esa hora, as charangas Subarri, BB+ e Treboada dos Zés Pereiras xa animaban as rúas.

Ás 13,30 horas soaban as seis bombas que anunciaban o comezo da primeira carreira, protagonizada por un boi cunha estampa impresionante, que fixo disfrutar as moitas persoas que se animaron a participar da celebración, pese a que a calor xa empezaba a apretar.

Coas primeiras horas da tarde as rúas comezaron a quedar valeiras, polas altas temperaturas que se rexistraron na vila e que animaron a moitas persoas a achegarse ata as beiras do Arnoia e á praia fluvial. A partir das 18,30 horas e a medida que a calor remitía, as rúas volvían a recobrar actividade, que acadaría o seu tope ás 20,30 horas coa segunda carreira do día,que tamén transcorreu sen incidente algún. As charangas e a verbena completaron o programa da xornada, que se prolongou ata ven avanzada a madrugada.

Para hoxe domingo, último día da Festa do Boi, ás 13,30 horas celebrarase a primeira carreira do día e ás 19,30 horas terá lugar a tradicional Maratón do Boi. Ás 20,30 horas está previsto proceder ó peche da Festa a cargo do Xan de Arzúa.

Pola mañá, e dentro da actividade relixiosa, ás 11,00 horas terá lugar a misa de Corpus na iglexa de Santiago e ao seu remate, celebrarase a tradicional procesión de Corpus polas rúas da vila. Trala procesión, e na Praza Maior, a Banda Unión Musical de Allariz estreará "Xan de Arzúa", unha obra do compositor Óscar Sempere Francés creada con motivo do 700 aniversario da Festa do Boi.n

Te puede interesar