festa do boi

A calor non pode co Boi nin con Xan de Arzúa en Allariz

<p></p>
photo_camera A procesión das bandeiras transcurre por unha das rúas da vila. (JOSÉ PAZ)

Os gremios protagonizaron unha masiva procesión entre o Castelo e a Praza do Concello

A Festa do Boi que conmemora o seu 700 aniversario entra la súa recta final, nun fin de semana que xa está marcado pola intensa calor. Esta foi unha das notas da xornada de onte, a calor que acompañou a tódalas actividades programadas. A primeira carreira de tiña lugar ás 13,30 horas, en vez das 08,00 horas habitual dos días anteriores. Este cambio propiciou que a carreira contara cunha alta participación, sen que se chegara a producir ningún incidente.

Xa pola tarde, a partir das 19,30 horas e aínda con moito calor na vila, tiña lugar o encontro dos gremios no Castelo, para participar a continuación na procesión das bandeiras, á que se sumaron numerosas personas vestidascon atuendos medievais, que se dirixiron ata a Praza Maior. Logo, na Praza de Arriba, producíase o tradicional acomodo de Xan de Arzúa no balcón do Concello, do que se colgaba tamén a bandeira galega,

Ás 21,30 horas tiña lugar a segunda carreira do día, tamén cunha elevada participación. Un pequeno accidente se producíu no curso da mesma, ao tropezar un participante e sufrir unha luxación nun dedo. Os pasarrúas e a verbena completaron a xornada. Para hoxe, sábado, as carreiras da xornada están previstas para as 13,30 e as 20,30 horas.

Te puede interesar