NATUREZA

Campaña en Rairiz e Allariz sobre especies exóticas invasoras

os técnicos explicaron aos escolares cales son as especies invasoras máis abundantes, tanto na Reserva da Biosfera como no resto da provincia, en Galicia e en España

Os centros escolares de Allariz e Rairiz de Veiga foron o escenario elexido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para desenvolver unha nova etapa da campaña de prevención e control das especies exóticas invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia. Esta iniciativa ten como lema "No seu lugar" e os escenarios elexidos nesta ocasión para desenvolvera foron o CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga; o CEIP Padre Feijóo de Allariz, e o IES de Allariz.

A actividade consistíu en charlas participativas entre os técnicos de Ceida cos escolares, que teñen dúas vertentes. Por unha parte, explicouse aos rapaces cáles son as características definitorias dunha Reserva da Biosfera e como se vincula co territorio, e por outra partem analizouse o que é unha especie invasora e cales son os principais problemas que poden serar. 

Así mesmo, os técnicos explicaron aos escolares cales son as especies invasoras máis abundantes, tanto na Reserva da Biosfera como no resto da provincia, en Galicia e en España, centrándose nalgunhas das máis coñecidas, como a mimosa, a herba da pampa, a uña de gato, o cangrexo americano, a vespa asiática ou o visón americano.

Te puede interesar