FESTA DO BOI

Os cativos disfrutaron da súa Festa do Boi en Allariz

1op5678_result
photo_camera Os rapaces arrastraron a figura do boi polas rúas da vila. (ÓSCAR PINAL)

A carreira infantil do boi encheu as rúas da vila de risas e diversión

Os máis pequenos foron os protagonistas da xornada de onte na Festa do Boi que se celebra en Allariz. A asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa, programou un amplo programa de actos para que os cativos vaian asumindo o espíritu da celebración.

Comezou cun espectáculo de monicreques sobre "A Historia de Xan de Arzúa", na Praza de Abaixo e seguíu coa procesión medieval infantil "O Xanciño de Arzúa" , na que participaron centos de rapaces, acompañados os máis cativos polos seus pais e que discorreu desde a Praza de Abaixo ata a Alameda, onde os pequenos poideron disfrutar dunha merenda infantil ofrecida pola organización.

O programa de actividades rematou cunha carreira infantil do boi, que encheu as rúas da vila de risas e diversión.

O resto da xornada de onte incluíu as habituais carreiras matutina a vespertina, que transcurriron sen incidentes algún e con moita participación na da tarde.

O programa da Festa previsto para hoxe, xoves, aparte das carreiras diarias do boi, que neste caso serán ás 08,00 e ás  20,30 horas, inclúe unha cea para os veciños que terá lugar no campo da Barreira e que irá seguida de verbena.

Te puede interesar