festa do boi

Centos de veciños participaron na cea da Festa do Boi

A organización asegurou que participaron 2.500 personas

O campo da Barreira de Allariz acolleu onte unha cea multitudinaria cea, organizada dentro do programa da Festa do Boi. Centos de veciños, 2.500 segundo a organizacion, deron boa conta do menú preparado para a ocasión, que estivo amenizada por un grupo de gaiteiros. Rematada a cea, os asistentes disfrutaron da verbena preparada para a ocasión. Hoxe, venres, a primeira carreira do boi será ás 13,30 horas e pola tarde, a partir das 19,30 horas, terá lugar o encontro de gremios no castelo, ás 20,30 horas o acomodo de Xan de Arzúa e colga de bandeiras no Concello e as 21,30 horas, a segunda carreira do boi.n

Te puede interesar