CONCURSO LITERARIO

O certame sobre Romasanta conta coa participación de 37 traballos

A votación estará aberta ata o 20 de Outubro 

A figura de Manuel Blanco Romasanta, o home lobo de Allariz, segue sendo obxecto de inspiración e debate entre os alaricanos. Ás portas da celebración dunha nova edición das xornadas entorno á súa figura, que previsiblemente se desenvolverán na Fundación Vicente Risco o primeiro fin de semana de novembro, as redes sociais acollen estes días algúns dos textos en torno á súa figura que se presentaron á terceira edición do certame de micro-relatos organizado por Aira dás Letras.

Un total de 37 persoas presentaron os seus traballos ao concurso, cunha extensión máxima de 170 palabras en galego, que ata o día 20 de outubro se someterán á votación dos lectores e a deliberación do xurado. Finalizado este período, daranse a coñecer os gañadores escollidos polo público e xurado. O primeiro levarase un lote de libros e unha cesta de produtos de Allariz, mentres que o segundo sumará ao anterior unha figura do "Guerreiro de Armea" no caso de resultar elixido polo xurado.

A entrega do premio coincidirá coas "Xornadas sobre Romasanta" da Fundación Vicente Risco.

Te puede interesar