CONFERENCIA

Charla sobre a importancia de Santa Mariña na cristianización

<p></p>
photo_camera Quintiá onte en Allariz.

A devoción popular esténdese por toda Galicia, onde existen 108 parroquias adicadas á santa, que ten a tumba en Armea

O local de BenComún Espazo de Allariz acolleu onte unha interesante conferencia sobre Santa Mariña e o seu papel na cristianización de Galicia. O protagonista do relatorio foi Rafael Quintía Pereira, autor do libro "Santa Mariña: de deusa a santa", Premio Ramón Piñeiro 2016.

O encontro permitiu coñecer máis sobre a historia e lenda desta santa, que segundo desvelou Quintiá conta con 108 parroquias adicadas á Mariña, ademáis de capelas e ermidas distribuídas por toda a comunidade. A sesión matutina complementouse, xa en horario de tarde e coa colaboración de Xeitura, cun roteiro por os lugares de culto da santa, no castro de Armea.


Obradoiro infantil


A actividade lúdica e cultural do espazo coworking alaricano continuará hoxe domingo coa celebración dun obradoiro de programación infantil. Álvaro Resines será o encargado de impartir a actividade na cal menores con idades comprendidas entre 7 e 12 anos aprenderán a programar robots e crear os seus propios xogos de Star Wars.

Te puede interesar