O comercio alaricano sae á rúa para participar na “Feira da Oportunidade"

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz, coa colaboración do Concello de Allariz, organizaron para este fin de semana a segunda edición da "Feira da Oportunidade". A Alameda da vila do Arnoia acollerá os días 30 e 31 de agosto unha nova edición do mercado de productos de casión no que participarán exclusivamente comercios e tendas de Allariz.

Un total de 15 comerciantes, entre os que se atopan tendas de ropa de nenos e adultos, complementos, alimentación e delicatesen, libros ou lencería, trasladarán a súa mercancía ata o parque ubicado a carón do río. No recito ferial ao aire libre, veciños e visitantes terán a oportunidade de mercar productos e artículos de calidade a precios rebaixados. "Os comercios alaricanos ofertarán descontos de ata o 70%", destacaban os organizadores.



Horario ininterrompido

Asemade, a feira da oportunidade será a derradeira oportunidade que terán os clientes alaricanos para gastar as antigas pesetas nas tendas asociadas. "O domingo día 31 pecharemos a campaña "Benditas pesetas!" que puxemos en marcha a o pasado mes de abril", lembraban os responsables da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz.

Os veciños e visitantes poderán achegarse ata o recinto ferial en horario ininterrompido dende as 10,00 ata as 22,00 horas.

Te puede interesar