+ DEPORTE

O Concello alaricano ultima os preparativos da Andaina+BTT

O percorrido será de 50 kilómetros, distribuídos en tres etapas circulares con saída e chegada na alameda alaricana

O Concello de Allariz apura os preparativos para organizar o próximo sábado a súa Andania + BTT. Os organizadores teñen prevista unha participación máxima de 700 andaríns e de 250 ciclistas , que deberán ter unha idade mínima de 18 anos, todos deberán levar o dorsal de participante visible en todo momento e na modalidade de BTT será obrigatorio o uso do casco, posto e abrochado.

O percorrido da proba será de 50 kilómetros, distribuídos en tres etapas circulares, que comezan e rematan na Alameda de Allariz. Dado que é unha proba non competitiva, a saída da BTT será neutralizada. A organización do evento advirte de que non cortará en ningún momento a circulación e os participantes deberán respetar as normas viais nas poboacións e estradas de uso público.

 As tres etapas previstas para a BTT teñen a saída prevista para as 08,30, 11,30 e 14,30. Pola súa banda, as etapas da andaina sairán ás 09,00 horas, ás 13,30 horas e ás 17,00 horas.

A organización habilitará o punto de avituallamento na Alameda e ao longo de percorrido, os que se precisen. Así mesmo, acondicionaranse vestiarios, duchas e lavado de bicicletas na piscina municipal e tamén haberá servizo de masaxista na Alameda dende as 13,30 horas.

Te puede interesar