OBRAS

O Concello de Allariz repintou todos os pasos de peóns elevados

pintado_allarizss
photo_camera Un dos pasos de peóns repintados.

O obxectivo era facer máis visible a sinalización horizontal a peóns e tránsito rodado.

O Concello de Allariz acometeu nos últimos días o repintado de tódolos pasos de peóns elevados existentes nas rúas Emilia Parto Bazán, Estrada de Xunqueira, Estrada de Celanova, O Fuxón e no recentemente remodelado Arnado. O obxectivo era facer máis visible a sinalización horizontal a peóns e tránsito rodado.

Esta intervención contempla, ademais, a indicación de todas as limitacións de velocidade, especialmente na rúa Pardo Bazán, na entrada polo Piñeiro, "unha rúa na que se constataba a necesidade de reducir a velocidade na entrada a Allariz, segundo sinalou o alcalde alaricano, Francisco García. A obra foi contratada polo Concello por un importe de 9.000 euros.

O Concello ten nestes momentos en proceso de licitación as obra de mellora na pavimentación na rúa A Granxae a creación de beirarrúas nas rúas Piñeiro e Fuxón, que teñen un orzamento de 95.000 euros.

Te puede interesar