OCIO

Curso para elaboración de cervexa artesá en Allariz

erá lugar o sábado 11 de febreiro, entre as 09,30 e as 14,00 horas

A Fundación González Ferreiro pechou o programa de cursos e  actividades que desenvolverá nestes primeiros meses do novo ano. A primeira será un curso práctico de poda, que terá lugar o sábado día 28 de xaneiro. Incluirá teoría e práctica e  se alongará toda a xornada, de 09,30 a 13,30 e de 15,00 a 19,00 horas e o prezo do mesmo será de 25 euros.

O segundo curso será de Iniciación á elaboración de cervexa artesá. Terá lugar o sábado 11 de febreiro, entre as 09,30 e as 14,00 horas. Incluirá unha visita á fábrica de Cerveza Dama Alaricana, onde haberá unha cata de distintas cervexas, e o prezo do mesmo é de 25 euros.

Xa no mes de marzo, o sábado día 18, a Fundación organizará un curso práctico de inxerto, que se alongará mañá e tarde e o prezo do mesmo será de 25 euros.

As actividades da Fundación compleméntanse nestes primeiros meses do ano cun obradoiro de primeiros auxilios para pais, nais e educadores, así como a posta en marcha de grupos guiados de conversa  en inglés.

Te puede interesar