NARCOTRÁFICO

Detido un veciño de Taboadela tras incautarlle 3 quilos de cannabis no seu domicilio

E.M.B., de 36 anos de idade e veciño de A Reguenga como presunto autor dun delito contra a saúde pública

A Guardia Civil do municipio ourensano de Allariz detivo un veciño de Taboadela tras incautarlle tres quilos de cannabis no interior do seu domicilio.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 12,00 horas do luns 20 de outubro foi detido E.M.B., de 36 anos de idade e veciño de A Reguenga, en Taboadela, como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras incautalo no interior dun o seu domicilio tres quilos de cannabis sativa en proceso de secado.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 3 de Ourense, segundo indicaron as mesmas fontes.

Por outra banda, a Guardia Civil do Carballiño detivo a H.L.S., de 34 anos e veciño de Punxín, en virtude dunha orde de detención e ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Ourense.

Te puede interesar