POESÍA

Eduardo Estévez presenta un libro de poemas sobre as baleas

O domingo día 14 de xaneiro o espazo de arte acollerá un obradoiro sobre o comic para cativos entre 5 e 12 anos

Eduardo Estévez presenta un libro de poemas sobre as baleas

Galería Circular de Allariz acolle mañá venres, 12 de xaneiro, ás 20,30 horas, a presentación de "De baleas", un libro de poemas de Eduardo Estévez. O acto, con entrada gratuíta e convocado pola libraría Aira das Letras, contará coa presenza do autor, así coma de César Lorenzo Gil, con quen participará nun coloquio. A publicación, a décimo cuarta de Estévez, está acompañada dun comic obra de Estévez e Tokio e un CD con once pezas de música de baleas.

O evento poético será a antesala dun intenso fin de semana no espazo da rúa Lobariñas, onde o domingo arrancarán os obradoiros artísticos programados para o primeiro trimestre do ano. Victor Ulla será o encargado de impartir un obradoiro de comic para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

A actividade, prevista para as 11,30 horas, permitirá aos cativos mellorar a súas capacidades motrices, os modos de ver e a lóxica dous sentidos. O prezo será de 12 euros, cun máximo de 10 cativos.

De cara ao mes de febreiro está previsto que se impartan nas mesmas instalacións os obradoiros "Land Art 1", tamén a cargo de Victor Ulla, para nenos e nenas entre 5 e 12 anos; e un de gravado verde sustentable para maiores de 16 anos, a cargo de Miguel Mosquera.