Educación afirma que as ratios da escola de Allariz son as "correctas"

O grupo do BNG preguntou pola terceira aula de infantil na sesión parlamentaria

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, volveuse pronunciar onte en relación á terceira aula do CEIP Padre Feijóo de Allariz lembrando que ese tipo de decisións son tomadas en función das ratios, "non de xeito arbitrario". Ante a pregunta da deputada do BNG Olalla Rodil sobre a "masificación" nas aulas de diversos centros de Galicia, Rodríguez asegurou que é a inspección educativa a encargada de regular estas cuestións, ante os familiares e representantes institucionais da vila alaricana presentes na sesión plenaria do Parlamento celebrada onte.

Neste sentido, o ata agora conselleiro de Educación insistiu en que non lle compete a el tomar a decisión de incluír un terceiro profesor en lugares como Allariz, así como que "non podemos incumprir os informes da inspección". En calquera caso, Olalla Rodil lembrou que as ratios (25 alumnos por aula en Educación Infantil) son demasiado elevadas e responden a unha "política de recortes" do goberno autonómico. En Allariz hai matriculados 51 nenos en dúas aulas.

Te puede interesar