A festa arranca en Maceda cos Bolouros de Tioira

<p></p>
photo_camera Embadurnarse de barro, o espírito dos Bolouros.

Hoxe sábado a programación inclúe a celebración do día dos Compadres, que se reunirán a partir das 20,00 horas na Praza das Toldas 

Maceda xa vive o ambiente do Entroido. Onte pola tarde poñíase en marcha o programa da celebración máis multitudinaria que acolle a vila ao longo do ano, para disfrutar dunha festa que desde o ano pasado está declarada de interese turístico.

O punto de arranque da mesma foi a celebración de Os Bolouros, unha tradición da parroquia macedá de Tioira, na que os veciños se reúnen para protagonizar unha batalla na que tratan de embadurnarse con barro. Moitos veciños de Tioira e outros chegados desde Maceda, todos eles preparados e cun vestiario axeitado para a ocasión, participaron na celebración. Esta tradición ancestral da parroquia de Tioira foi recuperada o ano pasado e estase a consolidar como un dos elementos fortes como primeiro paso da celebración do Entroido na vila.

O seguinte acto do Entroido de Maceda será hoxe, sábado, coa celebración do día dos Compadres. Os participantes no mesmo comezarán a reunirse ás 20,00 horas la Praza das Toldas e a partir de ahí, repartiranse polos restaurantes da vila para disfrutar das ceas típicas destas datas. Unha vez ramatadas, continuarán a festa por todolos recunchos da vila. O relevo dos Compadres tomarano o vindeiro venres día 24 as Comadres, coa celebración da súa noite, que precederán á primeira saída dos Felos polos pobos da Serra, que terá lugar o domingo día 25.

Te puede interesar