FESTA DO BOI

A Festa do Boi "fixo honra ao seu 700 aniversario"

O alcalde de Allariz resaltou a repercusión económica que ten esta celebración na vila e felicitou aos organizadores

"A edición da Festa do Boi deste ano fixo honra ao seu 700 anivesario". Así se expresaba onte o alcalde de Allariz, Francisco García, minutos despois de que concluíra o Maraton do Boi e soaban as últimas pezas das charangas. García resaltaba a participación "envexable que se alcanza e poucas festas teñen o carácter interxeneracional desta". Destacou, así mesmo, a elevada calidade da programación, "e a gran cohesión social e integración que se establece, como quedou demostrado a cea multitudinaria que tivemos o xoves e na que participaron máis de 2.500 personas". Tamén lle chamou a atención ao alcalde a convivencia e a alegría dos nenos disfrutando cas carreiras infantís.

Francisco García asegura satisfeito que "a Festa do Boi xa é un espíritu de Allariz e, ademáis, acabáronse as polémicas, pois todo o mundo poido ver que aquí ao Boi se lle respeta e ademáis, este ano tivemos a oportunidade de disfrutar de exemplares espectaculares".

García tamén resaltou a repercusión económica que ten esta celebración na vila e felicitou aos organizadores, a Asociación Xan de Arzúa, e aos voluntarios polo traballo que desenvolveron.

A xornada de clausura da Festa incluía unha carreira ás 13,45 horas e o Maraton do Boi, ás 19,30 hora, coas rúas ateigadas de personas que acudiron a Allariz para participar na celebración. Pola mañá, ás 13,00 horas, a Banda Unión Musical de Allariz estreaba a peza musical "Xan deArzúa" composta por Óscar Sempere.

Te puede interesar