XORNADA

Labregos galegos amosarán a súa experiencia nun foro local

Allariz acolle este fin de semana o terceiro foro labrego de agroecoloxía 

Visibilizar proxectos agroecolóxicos, amosar ferramentas para traballar en grupo e seguir tecendo unha rede que achegue a produtores e consumidores son algúns dos obxectivos do terceiro foro labrego de agroecoloxía que esta fin de semana desenvolverase en Allariz. 

"Camiñando xuntas pola soberanía alimentaria" é a temática deste encontro organizado polo Sindicato Labrego Galego que contará con unha ducia de ponentes e preto dun centenar de participantes no Fogar dos Maiores alaricano. A alcaldesa, Cristina Cid, destacou a importancia de celebrar este tipo de encontros que permiten poñer por riba da mesa o problema do rural, ao tempo que agradeceu que "persoas radicadas no territorio estean dispostas a botar unha man para que se asenten máis". 

Te puede interesar