HOMENAXE

Maceda agasalla ao seu Fillo Predilecto Francisco Nóvoa

17.05.17.MACEDA.CONCELLO.HOMENAXE A FRANCISCO NOVOA.
photo_camera Francisco Novoa, á esquerda, tralo descubrimento da placa na fachada da Casa do Concello.

O empresario decubríu unha placa de homenaxe situada na fachada do Consistorio

O Concello de Maceda ofreceu onte unha homenaxe ao empresario Francisco Novoa, que xa ostenta o recoñecemento de Fillo Predilecto da vila, que lle outorgou a Corporación Municipal no ano 2010. A homenaxe consistiu no descubrimento dunha placa, situada na fachada da Casa Consistorial, en recoñecemento á sçúa traxectoria persoal e profesional.

O acto estivo presidido polo alcalde de Maceda, o 'popular' Rubén Quintas, e contou coa asistencia dos portavoces dos dous grupos que conforman a Corporación Municipal, Francisco Xabier Oviedo, de Compromiso por Galicia, e Ana María Rodríguez, do PSOE, así como duceas de veciños que abarrotaban a rúa na que se estaba a desenvolver.

O alcalde de Maceda, Rubén Quintas, fixo unha lembranza dos moitos méritos de Francisco Novoa para merecer esta homenaxe, sinalando a súa "humanidade", á marxe da súa longa e exitosa vida profesional. Resaltou Quintas "o don que ten Francisco Nóvoa para axudar" a todos os que acuden a él, así como o cariño que lle profesa a Maceda e á súa xente.

Francisco Nóvoa recoñeceu que se emocionara por esta nova homenaxe. "É moi importante que me nomearan en 2010 Fillo Predilecto e hoxe, esto, que me dediquen unha placa, ó lado da que está dedicada ao cardeal Quiroga Palacios, aí é nada". A emoción de Francisco Nóvoa fíxose especialmente palpable cando se achegaron a él os veciños, a súa familia, os seus amigos, para saludalo e felicitalo; "traizooume a emoción", dixo.

Nóvoa quixo expresar o seu agradecemento "a todos os que fixeron posible este acto", e cita ao goberno municipal, a delicadeza da oposición municipal; a Santiago Prol, o artífice de todo esto; Cándida González, a moderadora do acto; a José González Martínez, presidente do Grupo Peinador. "Foi un acto do meu pueblo e da miña xente. Eu fago cousas noutros sitios, pero eu son daquí, son de Maceda", afirma emocionado Francisco Nóvoa.

As actuacións da Banda de Gaitas de Maceda, da Coral Albricias e da Agrupación "Os do Fuelle", puxeron o colofón á homenaxe.

Te puede interesar