ENTROIDO

Maceda celebra o venres a festa dos Bolouros en Tioira

<p></p>
photo_camera Os Felos, a figura emblemática do Entroido de Maceda, volverán a recorrer toda a Serra

Inaugura así o programa do Entroido, que seguirá o sábado cos Compadres

A vila de Maceda apura os preparativos para abrir a programación do Entroido deste ano. O primeiro acto xa terá lugar o próximo venres, día 17, coa celebración dos Bolouros de Tioira, unha tradición que se recuperou o ano pasado e que se está a consolidar na vila. Nesta festa, característica desta aldea macedá, os participantes tíñense de barro seco humedecido.

Os Bolouros serán o preámbulo da Festa dos Compadres, que se celebra o sábado 18 e o seu punto se partida será a Praza das Toldas, desde as 20,00 horas. Continuará a programación o venres 24, co Día das Comadres. O sábado 25 a figura emblemática do Entroido macedán, os Felos, comezarán o seu percorrido polas aldeas da Serra e ás 20,00 horas sairá a Morena, no Parque do Toural. O día 26 os Felos seguirán o seu recorrido pola Serra e o luns, día 27, terá lugar unha gran festa infantil na Praza das Toldas, desde as 17,00 horas.

O día 28 terá lugar o gran desfile pola vila, coa presensa de Felos, carrozas e comparsas. A programación pecharase mércores 1 co Enterro do Entroido, ás 20,00 horas, na Praza das Toldas.

Para animar á participación, o Concello repartirá máis de 1.200 euros en premios, repartidos en tres categorías: individuais e ata 5 participantes, grupos de seis ou máis participantes e, por último, as carrozas. Así mesmo, tódalas carrozas non premiadas recibirán un accésit de 40 euros.

Te puede interesar