VIOLENCIA MACHISTA

Maceda inaugura unha mostra contra a violencia de xénero

Enmarcado dentro dos actos que programou nos últimos dous meses de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

O Concello de Maceda, dentro dos actos que programou nos últimos dous meses de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero nos centros educativos da localidade, deseñou para esta semana tres novas actividades. 


Hoxe mércoles, entre as 10,00 e as 12,00 horas abrirá, na entrada nova do Concello,  unha mesa informativa e unha exposición sobre a violencia de xénero desde distintas perspectivas, a cargo da asociación Xarela.


O venres día 25 de novembro, ás 12,00 horas, na Praza das Toldas, terá lugar a lectura do manifesto institucional con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Irá xeguido dun minuto de silencio en memoria das mulleres víctimas e una actuación  teatral, a cargo do alumnado de 4º de ESO do IES San Mamede e 6º de Primaria do CEIP de Maceda.


Para o vindeiro sábado, día 26 de novembro, a partir das 16,30 horas, celebrarase a novena edición da Andaina contra a Violencia de Xénero. Comezará cun acto conmemorativo no salón de plenos do Concello, coa intervención do alcalde, Rubén Quintas, e persoas voluntarias da Cruz Vermella de Maceda, que presentarón unha campaña que vai desenvolver a Cruz Vermella Xuventude. Este acto dará paso á andaina polo paseo fluvial, ao longo da que se realizaran diversas actividades para sensibilizar á cidadanía ante esta lacra social.

Te puede interesar