EDUCACIÓN

Maceda terá unha escola de verán no CEIP da vila

Para os socialistas esta proposta do campamento, externalizado, "é tan só un parche momentáneo cando o que hai é que darlle unha solución de continuidade que garanta que se preste o servizo".

O Concello de Maceda vén de propor a posta en marcha, para favorecer a conciliación familiar no mes de agosto, dun campamento de verán no colexio público da localidade. Resposta así non só ás mobilizacións veciñais mediante recollidas de sinaturas, senón tamén aos repetidos requerimentos da oposición socialista, que neste verán repetiu unha moción xa presentado o ano pasado. "Non é a situación ideal nin a solución que demandabamos. A veciñanza mobilizouse pola continuidade do servizo da escola infantil municipal e da acollida no colexio, pero entendemos que cedeu á presión e tivo que dar o brazo a torcer ante a crecente demanda social", sinala Ana María Rodríguez, portavoz socialista no concello macedao. 

Para os socialistas esta proposta do campamento, externalizado, "é tan só un parche momentáneo cando o que hai é que darlle unha solución de continuidade que garanta que se preste o servizo".

Te puede interesar