ALLARIZ

Paderne de Allariz terá unha escola infantil da Galiña Azul

O encontro tivo lugar na sede do Consorcio, en Santiago, onde o presidente da Mancomunidade e alcalde de Paderne, José Manuel Fernández, e o rexedor de Esgos, Mario Rodríguez, pecharon os detalles do convenio de colaboración

Un investimento de 535.000 euros -dos que a administración galega achegará 410.000 e a Mancomunidade de Ourense o resto- permitirá que Paderne de Allariz conte cunha Escola Infantil da Galiña Azul nos vindeiros cursos. 

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, mantivo unha xuntanza con representantes da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense coa finalidade de ultimar os trámites previos ao inicio das obras. 

O encontro tivo lugar na sede do Consorcio, en Santiago, onde o presidente da Mancomunidade e alcalde de Paderne, José Manuel Fernández, e o rexedor de Esgos, Mario Rodríguez, pecharon os detalles do convenio de colaboración para a construcción do novo centro, que ofertará 14 prazas -3 unidades- e que servirá como recurso para a conciliación das familias, non só do propio concello de Paderne, senón tamén doutros municipios da Mancomunidade. 

O Consorcio remitirá á Mancomunidade o texto do convenio de colaboración definitivo de tal xeito que, unha vez aprobado e asinado por ámbalas dúas partes, segundo o calendario previsto por Perfecto Álvarez e os alcaldes ourensáns, poida procederse á licitación da adxudicación das obras da escola ao longo deste primeiro trimestre e co obxectivo de comezar a súa construcción no verán. O novo centro para nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade axustarase ao modelo de financiamento da Fegamp e da Consellería.n

Te puede interesar