ELECCIONES MUNICIPALES

O PP presenta en Allariz unha candidatura que está ‘preparada para gobernar'

19.04.15.ALLARIZ.CASA.DA.CULTURA.PRESENTACION CANDIDATURA AS ELECCIONS LOCAIS.LUZ.OPORTO.JOSE.MANUEL.BALTAR.JOSE.ANTONIO.RODRIGUEZ.MIRANDA.
photo_camera Manuel Baltar (cuarto en la primera fila), durante la presentación de la candidatura 'popular' en Allariz.

Luz Doporto asegurou que desde 2011 a vila "retrocedeu máis de 10 anos"

"Presentámonos diante dos alaricanos con una candidatura que está pensada para gobernar". Así se expresaba Luz Doporto, candidata á alcaldía de Allariz na lista do PPdeG, cuxa presentación tivo lugar onte pola mañá nun acto que presidiu titular provincial do partido, Manuel Baltar.

Os trece membros da candidatura alaricana son, segundo o orde na lista: Luz Doporto, Daniel Rodicio, Carmen Pérez, Miguel Ángel Rodríguez, Consuelo Álvarez, José Antonio Cid, José Manuel Quintairos, Celia Feijóo, José Ángel Grande, Inés Gulín, Beatriz Bueno, Alberto Conde e Javier Cid.

Luz Deporto resalta como principal novidade a incorporación no número 3 de María del Carmen Pérez e asegura que a lista foi confeccionada "pensando en facer un equipo para gobernar". A candidata definíu a situación de Allariz como "complexa e difícil" e as súas prioridades serán, entre outras, reducir ó déficit do Concello, "que en 2013 chegou a 5,8 millones de euros"; atraer industrias e crear emprego en Chorente, "porque é unha vergoña ter 30.000 metros cadrados de solo vacíos"; acabar cos contratos a dedo e cas dedicacións exclusivas no Concello, pechar todas as empresas públicas dean perdas, "que nos están custando 120.000 euros ó ano", e reducir impostos e tasas municipais.

Luz doporto asegurou que "en 2011 non só perdeu as eleccións o PP, senón que as perderon todos os alaricanos, pois retrocedemos máis de 10 anos, xa que o único que recibimos foron subidas de impostos e de tasas municipais".

Te puede interesar