ENTREVISTA

“Queremos que as vítimas da violencia de xénero se fagan donas da súa vida"

ANAPEREZ_result
photo_camera Ana Pérez Cardoso.

O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, organiza un ano máis as "Xornadas para a erradicación da violencia contra as mulleres" do 22 ao 25 de novembro. A técnica de Igualdade, Ana Pérez Cardoso, fala sobre a programación. 

Cal é o obxectivo das xornadas?

Os obxectivos destas xornadas son variadas. Para empezar, falar de bo trato. Si estivésemos máis sensibles neste tema, nós seriamos máis susceptibles de ver os malos tratos.

A que se refire ao falar de bos tratos?

Debo dicir o que din os rapaces e rapazas do Instituto: que te entendan, que te queiran, que te comprendan, que te apoien, que che biquen, que che respecten, que te abracen, que non cuestionen a túa diversidade,... Eu podería facer unha definición máis teórica, pero creo que esta é sinxela e estas frases que eles exteriorizan  son máis visuais. Algo moi interesante que din os rapaces, cando lles facemos exercicios de bo trato é que lles senta moi ben, recoñecen que o practican. Si todos os adultos aprendésemos a sentir en nós o bo trato, quereriamos para os demais o mesmo.

Os rapaces son un obxectivo fundamental do programa, como é traballar con eles? 

Estamos moi contentos, mesmo estamos pensando en repetir a experiencia ao longo do ano. E unha maneira de achegarnos a eles a través dun formato diferente, afastado do discurso tradicional sobre que é a violencia de xénero, cantos tipos de violencia hai,... Entón, ao empezar a falar de como nos sentimos ben, podemos empezar a experimentar  e a ver vir outras situacións non tan agradables.

A Asociación Silvardeira tamén ten un papel fundamental nas xornadas. 

Si, con Silvardeira sempre temos moi boa relación ao igual que co traballo no rural coas asociacións veciñais onde o 99% son mulleres. Neste caso os "Diálogos Poéticos" foi unha proposta delas que pensamos que funcionará moi ben. A parte de servir de apoio a mulleres en situacións vulnerables, Silvardeira está aí loitando contra a violencia e por acadar un lugar con igualdade. 

Fai un ano presentastes o protocolo contra a violencia de xénero, que tal está a funcionar?

Ben. Temos reunións dous veces ao ano e polo medio facemos cinco fichas. Dende que se puxo en marcha decatámonos que hai unha maior coordinación e máis rápida. Neste caso traballaremos unha petición sobre formación que tivemos na última xornada. A avogada Victoria Dieguez nos falará de pequenas cousas que se nos esquecen cando estamos nunha situación de violencia de xénero: Como se constrúe esa relación de violencia e as posibles características que poden ter algunhas mulleres, ou todas, e que temos que saber que son froito desa situación para entender ese comportamento.

Hai moitos casos de violencia de xénero en Allariz?

Claro que os hai e os que haberá que non sabemos, porque dos que temos coñecemento só son a punta do iceberg.

Como é a mellor maneira de axudar ás mulleres?

O primeiro paso, dende o meu punto de vista, é  que entendan que significa ser unha muller que sufriu unha situación de violencia de xénero, porque iso lles axuda a entender moitas cousas que poden pasar ou sentir elas. Dende que se traballa iso, elas se sitúan nunha situación de entendemento e é máis fácil que precisen para elas unha mellor vida. Logo, o noso obxectivo é que se fagan donas da súa vida. Si elas están nunha situación máis fortalecida, poden tomar decisións.

Te puede interesar